Boccaccio ’70
Marisa Solinas, Anita Ekberg, Romy Schneider, Sophia Loren, Germano Gilioli, Peppino De Filippo, Tomas Milian, Alfio Vita, Luigi Giuliani, Romolo Valli
- 204 min.
Actualización do espírito do Decamerón á Italia dos sesenta para explorar o sexo, o amor e a moralidade nesa altura. Magna produción que reuniu a catro grandes directores con estrelas como Anita Ekberg, Romy Schneider e Sophia Loren.
No primeiro dos capítulos, Renzo e Luciana, asinado por Mario Monicelli, unha parella debe agochar o seu matrimonio, pois traballan para a mesma empresa, que prohibe as relacións entre os seus asalariados.
Segue A tentación do Dr. Antonio, de Federico Fellini, cun estilo acedo e un tema caro ao autor. Un home moi puritano intenta retirar un cartel publicitario dunha exuberante muller mentres comeza a ter fantasías eróticas coa mesma.
Continúa Luchino Visconti coa sección O traballo, unha exploración dos seus ambientes burgueses, na que un conde se ve envolto nun asunto con prostitutas, contra o que a esposa contraataca cobrándolle polos seus servizos sexuais.
Pecha a fita Vittorio De Sica con A rifa. Nela, unha moza organiza un concurso nunha feira de Nápoles cuxo premio é pasar unha noite con ela. Gaña un home tímido e devoto, o que produce efectos cómicos.
- Ano:1962
- Países de produción: Francia, Italia
- Guión: Federico Fellini, Luchino Visconti, Mario Monicelli, Goffredo Parise, Brunello Rondi, Tullio Pinelli, Italo Calvino, Giovanni Arpino, Suso Cecchi d'Amico, Ennio Flaiano, Cesare Zavattini
- Fotografía: Otello Martelli, Armando Nannuzzi, Giuseppe Rotunno
- Montaxe: Adriana Novelli, Mario Serandrei, Leo Catozzo
- Produtora(s): Cineriz, Concordia Compagnia Cinematografica, gray-film