Encontro con Pedro Pinho
- 60 min.
A segunda sesión do ciclo ‘Territorios mutantes’, dedicada nesta ocasión á reflexión en torno ao poscolonialismo, propón un encontro co cineasta portugués Pedro Pinho. A partir da súa película O Riso e a Faca, que segue a un mozo enxeñeiro que chega a Guinea Bissau encargado dun proxecto de desenvolvemento asociado a unha ONG, a charla proponse como un espazo para dialogar sobre as consecuencias culturais, políticas, económicas e sociais do pasado colonial e do modo no que os seus efectos seguen presentes hoxe.
-
Territorios mutantes
La risa y la navaja
Encontro con Pedro Pinho
Versión lingüística:VOSEFormato:DCPEntrada de balde.
- Ano:2026
- Países de produción: España