El caballo de Turín
A torinói ló
János Derzsi, Erika Bók, Mihály Kormos, Lajos Kovács, Mihály Ráday
- 156 min.
Inspirada na suposta historia do cabalo que protagonizou en Turín o filósofo Friedrich Nietzsche. O 3 de xaneiro de 1889, Nietzsche presenciou na rúa o maltrato dun cabalo que se negaba a moverse. O filósofo alemán aperta o animal e chora ata perder a conciencia. Lévano ao seu cuarto, onde pronuncia as derradeiras palabras: “Mutter, ich bin dumm” (Madre, son parvo) e logo volve a un silencio de dez anos, os últimos da súa vida. Tarr, mestre da posta en escena e analista da condición humana, dálle a volta ao relato e céntrase no destino do cabalo. Constrúe a vida miserable do carreteiro, da súa filla e do cabalo nunha paraxe desoladora, en medio dunha tormenta apocalíptica. Trinta intensas secuencias con maxistral acompañamento musical en que Tarr traza o seu formalismo demoníaco. O hábitat unha vez máis condiciona os pensamentos e as emocións dos seus personaxes, ligado aos cuestionamentos filosóficos e morais dos seus relatos.
-
Sobreviviendo a Nietzsche
Samuel Sebastián (Cine Divergente)
Tráiler
En húngaro, subtítulos en inglés



