Os corpos
- 11 minutos
Na provincia de Ourense festéxase cada ano unha das formas máis antigas de Entroido. Ao longo de varios días celébranse folións, farrapadas, corredoiros e baixadas con felos, cigarróns, pantallas e peliqueiros, alumados con fachos e acompañados do estrondo de tambores. As multitudinarias escenas nocturnas adquiren un significado adicional pois filmáronse a finais de febreiro, só dez días antes do primeiro caso de Covid-19 confirmado en Galicia. Esta obra, que reflicte o vandalismo e a subversión do entroido, impactou no seu paso por festivais internacionais como o IDFA de Amsterdam, o Bafici de Buenos Aires ou o Clermont Ferrand International Short Film Festival. Premio Cans 2021 á mellor curtametraxe na sección Furacáns.
-
Off Galicia: Palmarés Festival Cans 2021
O son da balea
Deux options
Homeless Home
Monte Bravo
Os corpos
Versión lingüística:VOFormato:DCPPresentación. Entrada de balde.
- Ano:2020
- Países de produción: España
- Guión: Eloy Domínguez
- Fotografía: Eloy Domínguez
- Montaxe: Eloy Domínguez
- Produtora(s): Filmika Galaika