Encontro con Jaume Claret Muxart
- 60 min.
Jaume Claret Muxart forma parte dunha familia de cineastas cuxo desexo cinematográfico está intimamente vencellado coa admiración por filmes doutros autores. A mesma relación, estreita e profunda, áchase no corazón das metodoloxías de ‘Cinema en curso’. Tras a proxección, conversaremos sobre os procesos de creación de Estrany riu e, moi especialmente, sobre os referentes que inspiraron o cineasta, en moitos casos compartidos tamén con ‘Cinema en curso’: Hou Hsiao-hsien, Mia Hansen-Løve, Claire Denis, Nicholas Ray ou Ingmar Bergman son algúns deles.
Jaume Claret Muxart forma parte do equipo do proxecto desde 2021, pero moito antes xa se vencellou a ‘Cinema en curso’ como Mozo Programador Moving Cinema.
-
Compartir o cinema. 20 anos de 'Cinema en curso'
Extraño río
Encontro con Jaume Claret Muxart
Versión lingüística:VOSEFormato:DCPEntrada de balde.
