
Operación masacre
Norma Aleandro, Carlos Carella, Víctor Laplace, Ana María Picchio, Walter Vidarte, Luis Barron
- 101 min.
En 1956, un intento de golpe cívico-militar contra a ditadura autodenominada "Revolución Libertadora" fracasa, e en represalia, nun terreo escampado de José León Suárez (provincia de Buenos Aires), son ilegalmente fusilados varios civís sospeitosos de formar parte do alzamento. Sete lograron sobrevivir e contar a historia.
Máis que unha “adaptación” ou “transposición”, o guión de Operación masacre foi unha desagregación dramática dos feitos descritos na primeira metade do libro de Walsh, que se mantivo como referente complementario durante todo o proceso de escritura do guión. En varias páxinas deste obsérvanse numerosas mencións ao texto orixinal para remitir a descricións de ambientes ou personaxes específicos. Onde Walsh e Cedrón se permitiron algún grao de liberdade creativa foi nas caracterizacións de Carranza e Garibotti, dous dos fusilados de quen menos información tivo Walsh á hora de escribir o libro. Os dous pasan de ser personaxes fragmentarios e case fantasmais a ter personalidades completas e protagónicas. Grazas ás interpretación de Carella (Carranza) e Álvarez (Garibotti) os dous obreiros asasinados atoparon no filme a humanidade que o rigor xornalístico de Walsh non podía darlles no libro. (Fernando Martín Peña)
-
Una película sobre fusilados que viven
Manuel Barrientos (Haroldo. La Revista del Conti)
-
Un tigre con una cámara: Jorge Cedrón
Tomás Guarnaccia (Las Veredas)
Reportaje en el programa ‘Si te he visto no me acuerdo’
Felipe Pigna (Televisión Pública Argentina)