
Mozart & Wien and Elvis
- 3 min.
Trátase de imaxes da última actuación de Elvis Presley en Nova York o 9 de xuño de 1972. Está precedida por imaxes que gravei en Viena uns anos antes. Indiscutiblemente é unha gravación única. – Jonas Mekas
-
Fóra de serie
Presentación CADERNO FICBUEU#5: ‘Jonas Mekas. O cinema como a arte da memoria’
Cassis
Hare Krishna
A Report From Millbrook
Travel Songs
Quartet Number One
Imperfect Three Image Films
Song of Avignon
Mozart & Wien and Elvis
Versión lingüística:VOFormato:DCPEntrada gratuíta.
- Ano:2000
- Países de produción: Estados Unidos
En CADERNO FICBUEU#5: ‘Jonas Mekas. O cinema como a arte da memoria’
por Nieves Febrer Fernández
O 19 de xullo de 1944, Jonas Mekas e mais o seu irmán Adolfas subiron a un tren con destino a Viena, pero acabaron nun campo de traballos forzados preto de Hamburgo. Varios anos
despois, en 1971, Mekas recibiu o permiso das autoridades soviéticas para visitar a súa nai en Lituania. Tras esta visita, encamiñou os seus pasos cara a Viena, pechando un círculo de gran significado na súa traxectoria persoal. Durante a súa travesía, Mekas capturou imaxes que conservou durante moito tempo, agardando o momento oportuno para poder divulgalas.
En Elvis, Mekas relata a experiencia de asistir ó último concerto de Elvis Presley no Madison Square Garden en xuño de 1972. A pesar das restricións habituais sobre a prohibición do uso de cámaras durante os concertos, o ambiente alborotador do público permitiu que pasase desapercibido. Ó longo dos anos, revisou repetidamente as imaxes filmadas. Tempo máis tarde recibiu unha chamada da Viennale (Vienna International Film Festival), o que o levou a revisar novamente todo o material. Con todo, o desafío era atopar unha banda sonora adecuada para acompañar as imaxes. Logo de intentar varias opcións sen éxito, a solución chegou cando escoitou un valse vienés na radio inspirándolle a idea de fusionar a música de Strauss coas imaxes de Elvis para unir unha combinación inesperada, contraposta e divertida.