
Quartet Number One
- 8 min.
Empecei a preocuparme pola inxente cantidade de material inédito que tiña nos meus andeis. Tiña que facer algo con el antes de que empezase a esvaecerse. Unha idea era empezar a editalo todo en forma de cuartetos. Este cuarteto foi o meu primeiro intento nesa dirección. – Jonas Mekas.
-
Fóra de serie
Presentación CADERNO FICBUEU#5: ‘Jonas Mekas. O cinema como a arte da memoria’
Cassis
Hare Krishna
A Report From Millbrook
Travel Songs
Quartet Number One
Imperfect Three Image Films
Song of Avignon
Mozart & Wien and Elvis
Versión lingüística:VOFormato:DCPEntrada gratuíta.
- Ano:1991
- Países de produción: Estados Unidos
En CADERNO FICBUEU#5: ‘Jonas Mekas. O cinema como a arte da memoria’
por Nieves Febrer Fernández
Nesta curtametraxe, Mekas expresou a súa preocupación ante a abafante cantidade de metraxe sen publicar que repousaba nos seus andeis. Recoñecendo a necesidade de intervir antes de que o dito material comezase a deteriorarse, xurdiu a idea de editar toda esta mesturanza de imaxes, fragmentos de vida e exploracións abstractas, mediante a estruturación dunha peza en forma de cuartetos. Este cuarteto en cuestión representa o primeiro experimento do autor nesta dirección, marcando un fito inicial no seu proceso de traballo. Ó mesmo tempo, permítenos reflexionar sobre a enorme xestión do seu extenso arquivo fílmico.