
Hare Krishna
Rabindranath Das, Vamanadeva Das, Barbara Rubin
- 4 min.
Un ‘documental’ – un domingo pola tarde en Nova York – fermosa nova xeración – bailando nas rúas de Nova York – cantando ‘Hare Hare’ – enchendo as rúas e o aire de amor…
-
Fóra de serie
Presentación CADERNO FICBUEU#5: ‘Jonas Mekas. O cinema como a arte da memoria’
Cassis
Hare Krishna
A Report From Millbrook
Travel Songs
Quartet Number One
Imperfect Three Image Films
Song of Avignon
Mozart & Wien and Elvis
Versión lingüística:VOFormato:DCPEntrada gratuíta.
- Ano:1966
- Países de produción: Estados Unidos
En CADERNO FICBUEU#5: ‘Jonas Mekas. O cinema como a arte da memoria’
por Nieves Febrer Fernández
Hare Krishna é unha curtametraxe que ofrece unha mirada íntima desta seita relixiosa a través dunha manifestación de seguidores polas rúas de Nova York. A película captura o espírito dunha nova xeración bailando e cantando ‘Hare Hare’. Combinando imaxes e sons, Mekas trasládanos a un universo onde a espiritualidade se mestura coa cidade. A súa narrativa permite unha inmersión completa no evento, revelando tanto a espiritualidade coma a controversia que rodea esta comunidade relixiosa.