8ª sesión cine de vangardas
- 85 min.
THE LIFE AND DEATH OF 9413, A HOLLYWOOD EXTRA (Vida e morte de 9413, un extra de Hollywood) USA, 1928. Dirección, producción e guión: Robert Florey. Fotografía: Gregg Toland. Decorados e montaxe: Slavko Vorkapich. 12'
ÜBERFALL (Accidente) Alemania, 1929. Dirección e producción: Erno Metzner. Guión: Erno Metzner e Grace Chiang. Fotografía: Eduard Borsody. Intérpretes: Heinrich Gotho, Eva Schmid-Kayser, Alfred Loretto, Hans Ruys, Sybille Schmitz, Rudolf Hilberg.. 21'
H2O. USA, 1929. Dirección, producción e fotografía: Ralph Steiner. 12'
REGEN (Choiva) Holanda, 1929. Dirección e guión: Joris Ivens, Mannus Franken. Fotografía e montaxe: Joris Ivens. 12'
LOT IN SODOM (Lot en Sodoma) USA, 1933. Dirección: James Watson e Melville Weber. 28'
-
-
Cine de vangardas: 1915-1947 Auditorio da Universidade
8ª sesión cine de vangardas
Versión lingüística:VOSEFormato:16mm. -
Cine de vangardas: 1915-1947 Escola Universitaria de Maxisterio
8ª sesión cine de vangardas
Versión lingüística:VOSEFormato:16mm. -
Cine de vangardas: 1915-1947 Auditorio Centro Cultural Cidade de Vigo
8ª sesión cine de vangardas
Versión lingüística:VOSEFormato:16mm. -
Cine de vangardas: 1915-1947 Teatro Principal
8ª sesión cine de vangardas
El hombre de la cámara
Versión lingüística:VOSEFormato:16mm. -
Cine de vangardas: 1915-1947 Salón de Actos da Biblioteca Pública
8ª sesión cine de vangardas
Versión lingüística:VOSEFormato:16mm.
- Ano:1928-1933
- Países de produción: Alemaña, Estados Unidos, Holanda
En catálogo do ciclo 'Cine de vangardas. 1915-1947' (1993)
Lorenzo Velayos
Kracauer di que Überfall mostra o caos sen aceptar que o sometemento á autoridade é a maneira de saír del, e supera a calquera outro filme do período no que se desaira á policia, tranquilizador símbolo da autoridade, moi típico da pantalla alemana; e aínda cando trata de sucesos moito menos crudos cós de calquera film de Pabst, foi proibido polo seu pretendido "efecto brutalizador e desmoralizador". (...)
A Hollywood Extra foi dirixida polo periodista francés especializado en cine Robert Florey, e o pintor Slavko Vorkapinch, que faría unha longa carreira en Hollywood como experto en efectos especiais. O resultado é unha pantomima burlesca e satírica sobre os candidatos ó estrelato de Hollywood, con decorados de xoguete e actores como monicreques; era exactamente unha charada de salón derivada do estilo de Metrópolis, de F. Lang. Dun rollo de duración (9 minutos), foi producida utilizando toda clase de trastos: cubos de papel, latas, luces móbiles e reflectidas, xoguetes. recortables de cartón, e moito inxenio.
(...) Lot in Sodom (1933), a historia de Sodoma, segundo o Antigo Testamento, considerada por Lewis Jacobs como o primeiro filme experimental sonoro, en razón a que a música composta por L. Siegel quedaba lóxica e intimamente incorporada nos valores emocionais do relato.
Sen embargo, a película mantén os cánones do cine mudo, aínda cos seus correspondentes carteis, con reiterados diálogos e monólogos sen voz, que desmerecen o aplastante lirismo que inunda do primeiro ó derradeiro dos fotogramas da mesma. (...)
H20 era un estudio de reflexos na auga. unha análise sobre as imaxes reflectidas sobre a superficie líquida, coa que se obtiña unha abstracción móbil dun feito real. O propio Steiner afirma que "foi interesante enterarse da grande cantidade de material que se podía obter polo só medio de tentar ve-lo auga cunha nova visión, en vez de se limitar un a facer cousas coa cámara". Os reflexos do auga e as formas abstractas, que se crean cos xogos da luz e as sombras, obtéñense utilizando diversos obxectivos na cámara e primeiros planos, formando unha completa unidade de imaxes de grande contido plástico. (...)
Regen é unha reportaxe impresionista sobre as rúas de Amsterdam durante un augaceiro, e, máis ca un documental, é un auténtico poema sobre un tema concreto, diferenciándose das películas de Ruttmann ó mostra-la cidade non como un torbellino de miserias, senón como unha aventura pictorica. Ivens, cineasta militante holandés, ocupa un lugar destacado entre os precursores do cine directo. tanto pola súa obra como pola súa vida, practicando un cine documental alí onde se encontrasen pobos en loita. Misere au Borinage (1933), Spanish Earth (1937), 400 millions (1939), L'Indonesie apelle (1946) así o atestiguan.
En Regen, J. Ivens utiliza unha cámara portátil, sen tripode, nun ensaio próximo ás teorías do cine-ollo de D. Vertov, como precedente ás tomas do cine directo, mantendo, sen embargo, as técnicas tradicionais nos demais aspectos do filme.