Lucifer Rising
- 25 min.
Maxestuoso poema sinfónico e Opus Magna de Anger, que aparece interpretando o papel do Mago. Rodada en Exipto, Inglaterra, Alemaña e Estados Unidos. Participan entre outros Jimmy Page (de Led Zeppelin, que compuxo a primeira banda sonora do filme, que foi refugada), Marianne Faithfull e Anita Pallenberg (amigas dos Rolling Stones), Donald Cammel (director de Performance, 1970), Myriam Gibril, Leslie Huggins, Sir Francis Rose e Bobby Beausoleil. Este último realizará a banda sonora definitiva desde o cárcere, condenado a cadea perpétua pola súa participación nos asasinatos da Familia Manson. Non faltaron auténticos magos negros e unha cerimonia real con círculos máxicos e un altar consagrados con sangue e seme humanos.
A película exponse cunha estrutura non lineal na que as forzas da natureza condúcennos a través de saltos no espazo e o tempo. Observamos a Isis, que presencia o renacemento de Osiris, a Lilith, rituais pagáns nun templo celta, mesturados con imaxes de magos contemporáneos adoradores de Aleister Crowley, espectacularmente ataviados con coloristas e elaborados roupaxes, que cabalgan sobre círculos máxicos.
-
Underground U.S.A.: Kenneth Anger, Robert Kramer & Jonas Mekas
Scorpio Rising
Rabbit's Moon
Lucifer Rising
Versión lingüística:VOFormato:16mm.
- Ano:1973
- Países de produción: Estados Unidos