
Eles não usam black-tie
Carlos Alberto Ricelli, Bete Mendes, Fernanda Montenegro, Gianfrancesco Guarnieri, Anselmo Vasconcelos, Cristina Rodrigues, Fernando Peixoto
- 112 min.
Eles não usam black-tie (Eles non usan smóking) achéganos aos conflitos, ás contradicións e aos desexos da clase traballadora brasileira de finais dos anos 1970, durante a crise final da ditadura militar. Baseada nunha obra de teatro homónima de Gianfrancesco Guarnieri escrita en 1950, a película adopta unha narrativa realista que expón solucións antagónicas para a vida dos traballadores. Por unha banda a esperanza na acción colectiva e por outra a aposta polas solucións individuais. A trama constrúese de maneira conmovedora sobre o conflito entre un pai unionista e o o fillo alienado e, así mesmo, reflicte os efectos da loita pola supervivencia no seo dunha familia de clase traballadora. Eles não usam black-tie foi un éxito de público e crítica, e recibiu varios premios, entre os que destaca o León de Ouro (premio Especial do Xurado, ex aequo) e premios FIPRESCI e OCIC en Venecia en 1981.
- Ano:1981
- Países de produción: Brasil
- Guión: Gianfrancesco Guarnieri, Leon Hirszman (Teatro: Gianfrancesco Guarnieri)
- Fotografía: Lauro Escorel Filho
- Montaxe: Eduardo Escorel
- Produtora(s): Leon Hirszman Produções, Embrafilme