
Javier Codesal
Do 8 de xuño de 2023 ao 29 de xuño de 2023
Este é o ciclo de proxeccións máis completo presentado ata hoxe da obra cinematográfica de Javier Codesal (Sabiñáñigo, 1958). Autor de vídeo desde comezos dos anos oitenta, o traballo deste artista abrangueu diferentes modos e técnicas, do audiovisual ao obxecto, pasando pola instalación, a fotografía, o debuxo ou a poesía. A mostra organizada pola Filmoteca de Galicia permite comprobar que o cine, de maneira substancial, percorre unha traxectoria que precisamente neste ano suma catro décadas de actividade. O cine, como desexo e materia, foi desencadeante do traballo de Codesal, e non cesou de se manifestar, sempre entre o posible e o imposible: o posible dunha produción mínima e unha abordaxe artesanal, o imposible do ideal da imaxe tensionada entre o fotograma e a vida. O ciclo recolle as últimas longametraxes, mais inclúe tamén pezas longas e curtas de diversas etapas da súa produción, coa intención de sinalar o campo de actividade, a poética sustentadora e as tramas tanto sociais coma subxectivas sobre as que avanza a proxección desta obra.

Evangelio mayor

Calavera resumida

Testimonio de Frederman

Viaje de novios

Evangelio en Granada (Meta)

Centauro

Sábado legionario

Luz de luces

O milagre da carne

Lectura de manos

Menese

Canción

Joropo
