Calavera resumida
- 63 minutos
O artista Pedro Morales Elipe visita regularmente o Museo do Prado desde 1995 para debuxar a partir da pintura dos grandes mestres. O resultado dese traballo, que continúa, está recollido por agora en 24 cadernos nunca expostos. Estes debuxos supoñen unha rareza con relación ao resto da obra -pintura e debuxo-, especialmente pola súa dimensión figurativa. Calavera resumida é unha ollada aos cadernos de debuxo e unha escoita do diálogo que o artista mantén con algunhas obras do museo e coa súa propia angueira. Trazo e voz constrúen unha memoria da pintura, que á vez é soño e imaxe de si mesmo.
-
Javier Codesal
Calavera resumida
Versión lingüística:VOFormato:HDPresentación e coloquio co autor
- Ano:2020
- Países de produción: España
- Guión: Javier Codesal
- Fotografía: Javier Codesal
- Montaxe: Julia Sieiro, Javier Codesal
- Produtora(s): Javier Codesal