Time to Love
Sevmek Zamani
Müsfik Kenter, Sema Özcan
- 85 minutos
Unha historia de amor inspirada nos contos sufíes que evoca o idealismo fatal do romance entre clases. Nas Illas dos Príncipes, ao sul de Estambul, os días son chuviosos e están cheos de nostalxia. O pobre pero orgulloso pintor Halil consegue un traballo nun dos chalets da illa, onde se atopa coa fotografía dunha fermosa muller e namora da súa imaxe.
Tesouro agochado do cine turco, restaurado en 4K no décimo aniversario da morte do seu director, Metin Erksan. Esta película non foi case distribuida nin proxectada, xa que se lanzou na televisión turca no ano 1965, e logo pasou ao esquecemento.
Metin Erksan é considerada unha lenda do cine turco. O seu cine, con inspiracións literarias, resaltaba os problemas das persoas do campo. A súa película Susuz Yaz / Dry Summer gañou o Oso de Ouro en Berlín, sendo a primeira película dese país en obtelo. Metin Erksan dirixiu 42 películas e escribiu os guións doutras 29.
- Ano:1965
- Países de produción: Turquía
- Guión: Metin Erksan, Kemal Demirel
- Fotografía: Mengü Yegin
- Produtora(s): Metin Erksan