Diario para mis amores
Napló szerelmeimnek
Zsuzsa Czinkóczi, Jan Nowicki, Anna Polony
- 128 minutos
Inicios dos cincuenta. Juli intenta estudar cinema en Budapest, pero a súa solicitude é denegada. Vaise a Moscú cursar a carreira. Ao seu regreso, intenta acabar o seu filme de graduación, mais ten dificultades porque as autoridades competentes non o aceptan. Vese obrigada a ceder no terreo artístico. Mentres, en Budapest, deteñen a János e presiónano para que realice unha confesión.
A figura de János serve a Mészáros para retratar o ambiente político da época, mentres con Juli desenvolve a súa vertente máis autobiográfica. Como ela, debeu comprometer as súas decisións artísticas traballando para os noticiarios do réxime durante anos. Son precisamente estas filmacións as que utiliza para ilustrar certos momentos históricos. Montadas en paralelo con imaxes de ficción propias, inserta aos seus protagonistas neses eventos a través de impresionantes montaxes. A sobriedade en branco e negro da primeira película cede aquí terreo a unha fotografía en cor con estridentes tonalidades vermellas. Oso de Prata en Berlín.
- Ano:1987
- Países de produción: Hungría
- Guión: Márta Mészáros, Éva Pataki
- Fotografía: Nyika Jancsó
- Montaxe: Éva Kármentó
- Produtora(s): Studio Budapest