Beginning
Kakha Kintsurashvili, Rati Oneli, Ia Sukhitashvili
- 125 minutos
A ópera prima da xeorxiana Dea Kulumbegashvili sorprendeu no último Festival de San Sebastián onde marabillou e, nunha decisión valente e histórica, foi multipremiada (Cuncha de Ouro, mellor actriz e dirección, Premio Especial do Xurado). Nunha tranquila vila de provincias, unha comunidade de testemuñas de Xehová é atacada por un grupo extremista. En pleno conflito, o mundo de Yana, a esposa do líder da comunidade, esfarela devagar. A insatisfacción interior de Yana medra mentres loita por atopar sentido aos seus desexos.
- Ano:2020
- Países de produción: Georgia
- Guión: Dea Kulumbegashvili, Rati Oneli
- Fotografía: Arseni Khachaturan
- Montaxe: Matthieu Taponier
- Produtora(s): First Picture, O.F.A. (Office of Film Architecture)