A metamorfose dos pássaros
- 91 minutos
A exploración nas raíces familiares da familia Vasconcelos, da que descende a directora, Catarina, dá lugar a un excelente documental portugués, unha saga íntima e chea de sutileza. A relación pasada entre Beatriz e Henrique, o oficial da Mariña embarcado; ela, a nai que coida os seis fillos da parella. El morrerá inesperadamente. O fillo máis vello, Jacinto, quere ser un paxaro. Anos despois, Jacinto será o pai da cineasta Catarina. Estreado na Berlinale 2020, onde levou o premio FIPRESCI na sección Encounters. Carreira de prestixio e galardóns en Dokufest, IndieLisboa, Taipei, Vilnius e San Sebastián.
-
Olladas de muller 2021
A metamorfose dos pássaros
Versión lingüística:VOSGFormato:DCPEntrada de balde.
- Ano:2020
- Países de produción: Portugal
- Guión: Catarina Vasconcelos
- Fotografía: Paulo Menezes
- Produtora(s): Primeira Idade