
Luces de la ciudad
City Lights
Charles Chaplin, Virginia Cherrill, Florence Lee
- 82 minutos
Deambulando pola cidade, un vagabundo coñece unha pobre florista cega, da que namora completamente. Ela confúndeo cun millonario. Co obxectivo de axudala e pagar unha operación que lle permita ver, acepta unha chea de traballos e situacións variadas mentres se fai amigo dun excéntrico millonario que só o recoñece cando está bébedo.
Escrita, dirixida e interpretada por Charles Chaplin, en Luces de la ciudad, a amizade e as clases sociais non sempre son o que parecen. Un relato cheo de escenas memorables, mestura do humor máis hilarante coa tenrura e tristeza máis conmovedora. Recomendada a partir dos 8 anos.
- Ano:1931
- Países de produción: Estados Unidos
- Guión: Charles Chaplin
- Fotografía: Rollie Totheroh, Gordon Pollock
- Montaxe: Charles Chaplin
- Produtora(s): United Artists