La dama desconocida
Phantom Lady
Franchot Tone, Ella Raines, Alan Arthur, Thomas Gómez
- 83 minutos
Un arquitecto e unha enigmática muller, abatidos por problemas persoais, cadran nun bar e deciden asistir xuntos a un espectáculo musical nocturno. Dividen os seus camiños sen chegar a coñeceren cadanseus nomes. Cando el chega á casa, a súa muller, coa que discutira esa mesma tarde, está morta, asasinada, e a policía agardando por el. A procura da misteriosa muller pasa a supor a coartada e a salvación dunha posible condena de morte e vai ser unha traballadora do estudo -a capacidade de Siodmak para subvertir o rol feminino- do arquitecto a que inicie unha investigación contrarreloxo. Esta produción de Universal, adaptación dunha novela de William Irish, amosa de xeito exemplar o talento de Robert Siodmak: axilidade no relato; esencialidade; efluvios expresionistas (sensación onírica, paroxismo, papel da multitude, efectos da posta en escena); o cultivo da elipse máis intelixente; os selectivos, breves e atinados usos musicais e unha terna de intérpretes memorables -que van de secundarios como Elisha Cook Jr. a Thomas Gómez- nun thriller nocturno onde o como e as formas poden con sagacidade co suspense real e impoñen o terror ao misterio e ata reflexionan sobre os tormentos da arte.
- Ano:1944
- Países de produción: Estados Unidos
- Guión: Bernard Cutner Schoenfeld; novela de William Irish (Cornell Woolrich)
- Fotografía: Elwood Bredell
- Montaxe: Arthur Hilton
- Produtora(s): Universal