The Shipwrecker
Der Havarist
Burkhard Driest, Rüdiger Vogler, Hannes Wader, Donald Arthur, Nicolas Brieger, Kent O. Doering
- 92 minutos
Adaptación da autobiografía do actor Sterling Hayden, onde Bühler se centra no episodio en que delatou a compañeiros ante o Comité de Actividades Estadounidenses. Pondo o acento na culpa e no cuestionamento a un mesmo, elementos que marcan fondamente o ensaio, o realizador decide contratar tres actores para o papel de Hayden: Burkhard Driest encárgase das pasaxes con diálogos, o músico e prominente membro do partido comunista Hannes Wader aparece en cámara e asume a parte narrativa da película, en canto Rüdiger Vogler recita monólogos reflexivos. Esta importancia da voz e da fidelidade ao texto, inspirada en certo modo nos filmes de Straub e Huillet, afástase dunha posta en escena dramática e o propio feito de contratar comunistas na Alemaña Occidental antes da caída do muro de Berlín, cando estaba sindicalmente prohibido, resulta toda unha declaración de intencións política que se mostra coma o espello europeo da caza de bruxas de Hollywood.
- Ano:1984
- Países de produción: Alemaña
- Guión: Wolf-Eckart Bühler
- Fotografía: Peter Gauhe
- Montaxe: Gisela Castronari
- Produtora(s): Norddeutscher Rundfunk (NDR), Red Harvest Film, Starfilm Produktion
-
Sterling Hayden, el marino rojo que renegó de ser estrella de Hollywood
Artigo de Gregorio Belinchón en El País sobre o foco organizado en Play-Doc a Pharos of Chaos e Der Havarist
Trailer do Play-Doc do foco a Wolf-Eckart Bühler
Versión orixinal sen subtitular.