
Serramoura – Capítulo 89: Nas mans do destino
Serramoura – Capítulo 89: Nas mans do destino
Lucía Regueiro, Miguel Ángel Blanco, Antonio Mourelos, Chechu Salgado, Sabela Arán, Monti Castiñeiras, Isabel Naveira, Uxía Blanco, Alfonso Agra, Miguel Canalejo, Tamara Canosa
- 74 minutos
Por fin sábese quen secuestrou a tenente Rivas. A resposta non podía ser máis inquietante, pois trátase de Antía, a nova parella de Diego Bazán. A sarxento Marga Neira non imaxina canta razón ten ao desconfiar da letrada, pero isto promete ir moito máis alá dunha rifa por amor.
Pola súa parte, Diego tortúrase ao pensar que, nun acto de autodefensa e para protexer a súa compañeira Marga, acabou coa vida de Estevo, o único fío do que podían tirar para salvar a tenente.
O que parece telo moi claro desde o principio é Santos, parella de Rivas e home de armas tomar. Antía cruzouse no seu camiño e el, seguro da implicación da avogada, fará todo canto poida para recuperar a Lola, aínda que iso supoña ter que ir sempre varios pasos por diante da Garda Civil.
Mentres tanto, Antía segue gozando do éxito do seu plan. Ten a Rivas e a Garda Civil parece non atopar ningunha pista que seguir. Ademais, atopou en Santos un novo entretemento.
Por sorte, o instinto de Marga Neira levará a sarxento a indagar nos casos en que Rivas traballou ao longo da súa carreira. Coa axuda de Quique, poida que atopen algunha conexión que lles axude na investigación.. (TVG)
-
Premios Mestre Mateo 2018
Serramoura – Capítulo 89: Nas mans do destino
Presentación. Entrada gratis.
- Ano:2017
- Países de produción: España
- Guión: Alberto Guntín, Lidia Fraga, Jacobo Díaz
- Fotografía: X. Manuel Neira
- Produtora(s): Voz Audiovisual