
Presentación CD-ROM «El artista virtual»
- 60 min.
Producción, guión e dirección: Manuel Gómez, Alberto Tracido, para Filloa Records/DYGRA. Coordinación de producción: Marta Rey Deseño gráfico, personaxes e escenario 2e2, lberto Toracido Interfaces: Javier Reigado. interactividade: David Lopez, Edici Noche. Infografia: Javier Reigado, Suso Cubeiro, Alberto Taracido. Edición audio: David López. Música: Arturo Kress
O obxectivo deste CD-ROM é conseguir familiarizar e difundir o mundo do Deseño Gráfico e da Comunicación Visual coas técnicas da ilustración, debuxo e debuxos animados, tanto na súa producción e realización con ferramentas tradicionais como informáticas.
-
Sesións especiais
Presentación CD-ROM «El artista virtual»
Versión lingüística:VOFormato:VídeoEntrada gratuíta.
- Ano:1996
- Países de produción: España
El artista virtual
DYGRA
A Editorial de Producciones Multimedia «Filloa Records» nace en A Coruña no verán de 1994 no seo da Productora de Audiovisuais Multimedia DYGRA.
O inspirado nome busca a analoxia entre a filloa e o CD, ámbolos dous redondos e feitos con moito cariño.
¿Por que unha editorial?
Os integrantes do equipo estabamos necesitados dun canle que permitise realizar todo aquelo que ninguén se atrevia a encargaros; despois de multiples reunións, foise perfilando o que finalmente se concretou en «Filloa Records», o noso propio selo.
En reunións sucesivas, fomos xerando multiples ideas para realizar o CD. Entre todas, considerouse mais axeitado empezar por dar a conecer ó usuario. lector do noso primeiro producto o mundo do Deseño e a Comunicación Visual; asi nace El artista virtual.
Nunca foi a nosa pretensión realizar unha enciclopedia ou un manual de técnicas de Deseño;hai suficiente e para tódolos gustos. Buscamos só poñer exemplos de diversos traballos de ilustración, debuxo, animacións e 3D, que recreasen a vista e permitisen introducirse ainda que minimamente neste peculiar mundo.
Integrouse un grafismo que permitise dar unha maior calidez á aplicación, que seguise a senda deses acabados plásticos e artificiais que tradicionalmente se asocian coas infografías. Para iso dispúxose de ilustracións feitas en acuarela e lápiz ou con dita apariencia, conformando interfaces navegables con simple movemento do rato, totalmente interactivos. Nos iconos dos interfaces incorporáronse os maletins en madeira, asi como pinceis, lápices, etc.
A preocupación desde a xénese de El artista virtual era aportar unhas ferramentas nas que o usuario-lector-artista, puidese personalizar ó máximo os seus traballos, integrando imaxes da súa colleita, fotos de amigos, etc., así como unha opción para gardar os traballos e imprimilos.
Cremos que se conseguiu un xeito diferente de percorrer un mundo como o do deseño gráfico, coa incorporación de pequenos guiños e sorpresas, tanto no percorrido polas rúas como na visita virtual ó noso estudio DYGRA.
Non buscamos outra historia con Filloa Records que non sexa a de marcar desde Galicia o territorio das novas tecnoloxías e dos novos medios de expresión coa nosa pequena aportación. En poucos meses presentaremos o noso segundo CD-ROM, que mantén a mesma liña editorial, esta vez cun «Simulador de bicho».