
A trampa: que pasou co noso soño de liberdade. Episodio 2: o robot solitario
The Trap: What Happened to our Dream of Freedom. Episode 2: The Lonely Robot
- 60 minutos
No segundo capítulo da súa serie arredor da liberdade no contexto político occidental, Curtis estuda o intento de controlar o comportamento a través de drogas –o Prozac– e a obsesión dos políticos pola consecución de obxectivos, que os levou a esquecer os principios máis fundamentais dos bens públicos.
- Ano:2011
- Países de produción: Reino Unido
- Produtora(s): BBC
The Trap: What Happened to our Dream of Freedom. Episode 2: The Lonely Robot
Free Documentaries
O segundo episodio reitera moitas das ideas do primeiro, mais desenvolve o tema das drogas coma o Prozac e lista os síntomas psicolóxicos que poderían indicar ansiedade ou depresión e o modo en que estas drogas son utilizadas para normalizar o comportamento e facer que os humanos sexan máis previsibles, igual que as máquinas. Isto non se presenta como unha teoría conspiratoria, senón coma o resultado lóxico (aínda que non previsto) dun verificado diagnóstico rexido polo mercado, tal e como se discutiu no episodio anterior.
O programa mostra que persoas con flutuacións normais do comportamento se autodiagnostican de anormais. Van polo tanto ao psiquiatra, cumpren certos criterios do diagnóstico e, sen ofrecer maior historia persoal, son medicadas. O resultado é que grandes grupos na sociedade occidental ven o seu comportamento modificado por estes tratamentos sen ningunha necesidade médica.
Curtis explica como, coa descrición "robótica" da humanidade aparentemente validada polos xenetistas, os sistemas da teoría de xogos gañaron aínda máis terreo nos enxeñeiros da nosa sociedade.
A teoría de xogos filtrouse no servizo civil e estendeuse a crenza de que aqueles que din traballar no goberno polo ben común deberían ser despedidos porque menten. Só aqueles que traballan para cumpriren uns obxectivos deberían ser recompensados. Mais houbo xente que enganou o errático sistema ás veces a expensas da seguridade doutros, coma no caso dos hospitais.
O programa describe que a administración Clinton se rendeu ante as teorías do mercado nos Estados Unidos e que o Novo Laborismo do Reino Unido decidiu medir e proporcionar obxectivos para todo, mesmo para o que non é medible. Isto creou un goberno que sacrificou o ben común para calmar desexos inmediatos e a miúdo triviais de certos grupos de poder. (Free Documentaries)