Los Angeles Plays Itself
- 170 minutos
Retrato da cidade dos Ánxeles a través de extractos de filmes, en que se reflexiona sobre a representación da urbe na sétima arte e se intentan deitar abaixo certos estereotipos irreais creados por Hollywood. Ofrecése, así, unha visión máis realista e complexa da localidade que acolle a meca do cine industrial nos Estados Unidos.
-
-
Cineclube Pontevedra
Los Angeles Plays Itself
-
Cineclube Padre Feijoo
Los Angeles Plays Itself
- Ano:2013
- Países de produción: Estados Unidos
Los Angeles Plays Itself é un vídeo-ensaio de Thom Anderson sobre como as películas teñen retratado a cidade dos Ánxeles. Tece Anderson con coidado metraxe de moreas de filmes feitos en e sobre a cidade, e constrúe gradualmente a súa tese sobre como Hollywood representou, ás veces de forma errónea, a súa cidade.
Os filmes sobre Os Ánxeles teñen sido, na maior parte das ocasións, pezas de época, situadas no pasado ou no futuro, e substitúen a historia pública da cidade por outra secreta, opaca para os seus cidadáns. Esta lenda urbana non é inocente. Serve para disuadir os inxenuos espectadores de se involucraren politicamente ao contarlles que están condenados á ignorancia e que non teñen poder, por moito que fagan. De feito, a realidade é a contraria: a historia pública é a real, como demostran os tratamentos de filmes como Chinatown, Quen enganou a Roger Rabbit e L .A. Confidential.
LUX