Reconversão
- 65 minutos
Documental arredor do arquitecto luso Eduardo Souto Moura, cunha obra caracterizada pola sublimación da ruína ou a reconstrución a partir dela.
- Ano:2012
- Países de produción: Portugal
Documental arredor do arquitecto luso Eduardo Souto Moura, cunha obra caracterizada pola sublimación da ruína ou a reconstrución a partir dela.
Reconversão retrata 17 edificios e proxectos do arquitecto portuense Eduardo Souto Moura, acompañados dos seus propios escritos. É unha pesquisa sobre a súa arquitectura, sen comentario crítico. O guía no Estadio de Braga ofrece algunhas xeneralidades que se axustan bastante ben á obra, mais esta pode ser a excepción, non a regra. Souto Moura ten a última palabra: "Se alí non hai nada, eu invento unha preexistencia”.
Tecnicamente, Reconversão combina a crueza do proto-cine co hiper-realismo do cine dixital, remitíndonos outra volta aos ideais de Dziga Vertov. Filmar un ou dous fotogramas por segundo e animar as imaxes á maneira de Muybridge produce unha resolución máis elevada, aínda que non necesariamente un mellor sentido da realidade, e resalta os movementos da auga e da vexetación que xeralmente pasan desapercibidos.
Curtas Vila do Conde