
Tríptico elemental de España
- 67 minutos
Obra monumental de Val del Omar que cruza España de norte a sur, de Galicia a Granada pasando por Castela, a través dos seus elementos: terra, lume e auga. As películas concentran unha riqueza simbólica e poética estarrecedora, xusto o que Val del Omar buscaba cos enxeños que creou para dar forma a cada unha delas. O primeiro é o Desbordamento Apanorámico da Imaxe, un antecedente do cinema expandido. Consistía nun dispositivo óptico mediante o cal se proxectaban imaxes destinadas ao campo extra-foveal da visión, patróns abstractos que toman a sala de cine desbordando a pantalla. O segundo é o Son Diafónico, sistema de son no que a distribución de canles sonoras pola sala se configura de acordo co obxectivo de provocar unha conmoción psicolóxica no espectador. E, finalmente, a TactilVisión, un sistema de cine en 3D logrado a partir de rápidas sucesións de luces en direccións e patróns cambiantes sobre a escena. Ademais, as películas empregan numerosos recursos do cine de vangarda como time-lapses, ralentís, o uso de filtros deformadores, a alternancia de positivo e negativo, e todo tipo de recursos visuais e sonoros de radical beleza, que o conectan con correntes que van dende o cine das primeiras vangardas ata os flicker films.
Val del Omar mesmo dispuxo o Tríptico (que foi completado postumamente coa montaxe de Javier Codesal, segundo as instrucións de Val del Omar, de Acariño galaico) en orde cronolóxica inversa.
Acariño galaico (De barro)
José Val del Omar, España, 1961-95, 35mm, 24 min.
Viñemos pola auga – fixéronnos de barro -
o lume da vida – vainos secando -
Pasamos a paixón – que nos consome o zume -
da risa e o pranto.
E ao final quedamos – sen xesto – aprisionados.
(Val del Omar)
Fuego en Castilla (TactilVisión del páramo del espanto)
José Val del Omar, España, 1958-60, 35mm, 17 min.
Castela preséntase sen cor, sen melodía, sen timbres e sen palabras. É un monorritmo jondo dun tremor cego de unllas, ante o mundo que está próximo ou propicio a somerxerse no grande espectáculo da invasión de Val das Diferenzas polo Lume que nos reintegra á Unidade. (Val del Omar)
Aguaespejo granadino (La gran siguiriya)
José Val del Omar, España, 1953-55, 35mm, 23 min.
Un día ouvín pedir ao Federico da miña terra: “Señor, dáme oídos que entendan as augas”. E agora son eu o que vos pido que mos prestedes para oílas. Porque no sinto como meu o camiño real das emocións directas, teredes de saír ao encontro desta pequena senda de imaxes e gritos que discorre veloz e ás veces oculto polo medio da herba. (Val del Omar)
-
(S8) Mostra de Cinema Periférico
Tríptico elemental de España
Versión lingüística:VOFormato:35mm.Presentación. Entradas: https://s8cinema.com
-
-
Salón Teatro
Tríptico elemental de España
Versión lingüística:VOFormato:35mm.Homenaxe a José Val del Omar. Coloquio coa participación de: Gonzalo Sáenz de Buruaga, Ángel Luis Hueso, Eugenio Otero Urtaza.
-
Huellas de luz. Cen anos de cine español
Tríptico elemental de España
Versión lingüística:VOFormato:35mm.Non se proxectou Acariño galaico, en proceso de restauración nesa altura. Acompañado do documental Ojalá, Val del Omar (Cristina Esteban, 1994).
-
Huellas de luz. Cen anos de cine español
Tríptico elemental de España
Versión lingüística:VOFormato:35mm.Non se proxectou Acariño galaico, en proceso de restauración nesa altura. Acompañado do documental Ojalá, Val del Omar (Cristina Esteban, 1994).
- Ano:1953-1995
- Países de produción: España