Dung che sai duk/ Ashes of time redux
Wong Kar-wai, 1994-2008
93'. 35mm. Subt. Castelán.
DUNG CHE SAI DUK / ASHES OF TIME REDUX
(Hong Kong, China, Taiwán, 1994-2008)
Dirección e guión: Wong Kar-wai. Intérpretes: Brigitte Lin, Maggie Cheung, Leslie Cheung, Tony Chiu Wai Leung, Tony Ka Fai Leung. Dur.: 93'.
Ashes of Time está inspirada polos personaxes da novela de Louis Cha, The Eagle Shooting Heroes, e céntrase na historia dun home chamado Ouyang Feng. Desde que a muller á que amaba o rexeitou a prol de seu irmán máis vello, Ouyang viviu no deserto contratando expertos guerreiros para levar a cabo asasinatos por encarga. O seu corazón ferido converteuno en alguén sen piedade e nun cínico, mais os seus encontros con amigos, clientes e futuros inimigos, faranlle ser consciente da súa propia soidade. Versión da película rodada en 1994, con cuxo montaxe final o director nunca estivo de acordo. Para esta definitiva versión Wong Kar-wai volveu a rodar escenas, reformulou a estrutura da historia, engadiu efectos especiais e unha nova banda sonora.