Castelao: de chumbo a verba
Castelao: de chumbo a verba
Miguel Pernas, Iago Novoa, Uxía Blanco, Yolanda Vázquez, Silvia Romaus
- 48 minutos
Nun colexio de Pontevedra celébrase o Día das Artes Galegas dedicado a Castelao. A mestra (Uxía Blanco) encarga un traballo que ten que realizar o alumnado durante a fin de semana. Xavi (Iago Novoa), un neno intelixente e un pouco lacazán, recibe unha reprimenda da súa mestra porque toda a semana a dedicaron a dar información sobre Castelao e non sabe contestar as preguntas da profesora. A partir de aí, o neno artella un mundo entre a fantasía e a realidade que comeza cando a estatua de Castelao do grupo escultórico da praza de San Xosé cobra vida (Miguel Pernas) e percorre co neno os lugares máis significativos da Pontevedra onde viviu o insigne galeguista durante 20 anos.
Documental ficcionado en que se mestura a época actual, imaxes de arquivo de Castelao ou flashbacks que nos achegan a dúas creativas décadas -de 1916 a 1936- da vida do artista e escritor rianxeiro e nos axudan a entender o seu pensamento, a súa vida persoal, cultural e política.
- Ano:2017
- Países de produción: España
- Guión: Miguel López
- Fotografía: Diego Dójer
- Montaxe: Diego Dójer, Miguel López
- Produtora(s): Abella Creativa