
El filmador
José Pedro Díaz, Amanda Berenguer
- 70 minutos
O escritor uruguaio José Pedro Díaz tivo como afición o cine. Entre 1950 e 1952 creou un diario fílmico con imaxes de grande valor, que despregan unha gama de intereses diversos: a observación social, o retrato da comunidade artística-intelectual en Europa e unha mirada de cine doméstico de viaxes, ao retratar á súa muller, a poetisa Amanda Berenguer. Como perfecto complemento súmase o seu diario literario. Ambos forman unha crónica testemuñal única: como ler o guión e ver o filmado. No diario de Díaz hai tres entradas datadas en Vigo o 6 e 7 de setembro e en Ponferrada o 9 de setembro de 1950 que relatan o seu paso por Galicia; na película de Garay rescátanse algúns segundos das imaxes que filmou na romería de A Franqueira (A Cañiza, Pontevedra).
- Ano:2022
- Países de produción: Uruguai
- Guión: Aldo Garay
- Fotografía: Gernán De León
- Produtora(s): Cordón Films