El secreto del bosque
Antonio Grunfeld Rius, 2015
45'. Vídeo HD. Entrada de balde. Presentación
EL SECRETO DEL BOSQUE
(España, 2015)
Dirección: Antonio Grunfeld Rius. Guión: Rocío Cadahía Fernández, Ruben Monsuy Ndong Andeme. Produción: Waka Films, Ecoguinea e Ecotono. Intérprete: Bartolo Nkogo Mba, Marcelo Ndong Nso (narrador). Dur.: 45'.
O bosque tropical da Guinea Ecuatorial é unha das poucas zonas de selva virxe que aínda fican no mundo. Descoñecido e inexplorado, garda moitos segredos baixo o seu denso manto de vida. Movido pola súa curiosidade innata, Bartolo, un vello cazador africano, viu de todo no bosque, agás o moucho. Mais o moucho segue a Bartolo desde que ambos os dous eran mozos, acompáñao desde as alturas, vixíao e ás veces axuda a Bartolo e, con el, aos nosos espectadores, a que coñezan os segredos e a grandeza do bosque ecuatoguineano. Conto africano unido co maior rigor científico para lanzar unha mensaxe de conservación da natureza.