Charleen
Ross McElwee, 1978
60’. Subt. castelán.
CHARLEEN
(Estados Unidos, 1978)
Dirección, produción e fotografía: Ross McElwee. Duración: 60 min. Charleen Swansea, amiga e antiga profesora de instituto de McElwee en Charlotte (Carolina do Norte) é unha oradora capaz de seducir tanto a unha clase de desconfiados estudantes de poesía afroamericanos, coma a un grupo de estudos bíblicos de distinguidas mulleres sureñas brancas. Peza iniciática do autor, onde a ilusión de realidade observa xa distorsións –aínda non hai comentario– grazas á enxeñosa relación que a cámara establece coa protagonista.