Le Pont du Nord
Bulle Ogier, Pascale Ogier, Pierre Clementi, Jean-François Stevenin
- 127 min.
Marie acaba de saír de prisión e xa non atura máis vivir entre catro paredes. Mentres deambula por París, crúzase con Baptiste, unha moza moi estraña que se converte no seu anxo da garda. Xuntas deberán resolver un escuro asunto en que está involucrado Julien, a exparella de Marie. O centro deste complicado crebacabezas é un maletín que contén unha escolma de artigos xornalísticos e uns planos de París que conducen a un estraño labirinto.
- Ano:1981
- Países de produción: Francia
- Guión: Jacques Rivette, Bulle Ogier, Pascale Ogier, SuzanneSchiffman, Jérôme Prieur
- Fotografía: Caroline Champetier, William Lubtchansky
- Montaxe: Nicole Lubtchansky, Catherine Quesemand
- Produtora(s): Les Films du Losange, La Cecilia, Lyric International