
LA REVUE
Sergei Loznitsa, 2008
82´. Subtítulos en galego.
PREDSTAVLENYE / LA REVUE
(Alemaña-Rusia-Ucraína, 2008)
Dirección: Sergei Loznitsa. Produción: Heino Deckert, Svitlana Zinovyeva e Viacheslav Telnov para Deckert Distribution. Duración: 82 minutos.
A partir de noticiarios e películas de propaganda realizadas na URSS durante as décadas dos anos 50 e 60 do século pasado, Loznitsa vai descubrindo estratos que sinalan os esforzos oficiais para representar a vida cotiá do pobo soviético na procura de reforzar a súa identidade colectiva e avivar a esperanza comunista. Unha estrutura que pon en tensión os mundos da política, do traballo e da arte. Desde roqueiros comunistas ata estepas nevadas ou monumentos de próceres revolucionarios, cada fragmento está restaurado con total precisión para demostrar que na mirada dos facedores da propaganda sobreviviu ao virtuosismo visual da Idade de Ouro do cine soviético dos anos 20.