AUTOUR DE LA MAISON ROSE
Joana Hadjithomas e Khalil Joreige, 1999
92´. Subtítulos en galego.
AL BAYT AL ZAHR / AUTOUR DE LA MAISON ROSE
(Líbano-Francia-Canadá, 1999)
Dirección: Joana Hadjithomas e Khalil Joreige. Guión: Joana Hadjithomas e Khalil Joreige. Produción: Mille et Une Productions. Fotografía: Pierre David. Intérpretes: Hanane Abboud, Fadi Abi Samra, Asma Andraos. Duración: 92 minutos
Beirut está sendo reconstruído tras a guerra. Unha casa rosa abandonada ao comezo do conflito e ocupada por dúas familias, recibe a visita dos seus lexítimos propietarios, que a queren demoler para especular co terreo. Os feitos dividen a comunidade local. Con boas doses de comedia, moi capaces de reflectir en simultáneo a traxedia do conflito, a ópera prima de Hadjithomas e Joreige é un relato coral elaborado con grande habilidade.