El silencio
Tystnaden
Ingrid Thulin, Gunnel Lindblom, Jörgen Lindström, Haakan Jahnberg, Leif Forstenberg, Birger Malmsten
- 96 minutos
Dúas irmás e un neno de trece anos (fillo e sobriño respectivamente destas) viaxan en tren por un país sombrío. Na súa volta á casa, deben parar nun ruinoso hotel, nunha cidade estraña, para descansar. A relación entre as dúas mulleres, que agochan desexos reprimidos e non se comunican, vaise deteriorando ante a ollada do rapaz.
- Ano:1963
- Países de produción: Suecia
- Guión: Ingmar Bergman
- Fotografía: Sven Nykvist
- Montaxe: Ulla Ryghe
- Produtora(s): Svensk Filmindustri (SF)
-
Ingmar Bergman: demonios y silencios
Artigo de Vera-Meiggs en La Panera sobre as triloxías do silencio e do terror
Ingmar Bergman: God is Silent
Ensaio fílmico con treitos de varias películas de Bergman sobre a idea do silencio de Deus.
Fontes de inspiración
Fundación Ingmar Bergman
Así como Los comulgantes se iniciara coa Sinfonía dos salmos de Stravinsky, El silencio tamén comezou cunha peza musical: o Concerto para orquestra de Bartók.
Di Bergman: “A miña idea orixinal era facer un filme que obedecese ás leis musicais, en vez de ás leis da dramaturxia. Un filme que actuase por asociacións rítmicas, con temas e contra-temas. Conforme a ideaba, pensaba máis en termos musicais do que nunca antes. O que queda de Bartók é xusto o inicio. Segue a música de Bartók moi de preto, a nota apagada e continua, a súbita explosión”
O soño que deu lugar a El silencio, de “afundirse nunha cidade enorme, absorbela, converterse en anónimo nela”, ten a súa orixe nun conto de Sigfrid Siwertz. En El círculo (1907) hai unha historia situada en Berlín que se titula ‘A escura deusa da vitoria’ que “debeu impactarme de novo como unha bala na conciencia”.
O tema da cidade, aínda que non é especialmente común nos filmes de Bergman, foi non obstante un dos seus temas recorrentes: “Antes de El silencio escribín un borrador para un filme que nunca se fixo. Ía sobre un par de acróbatas que perderan os compañeiros e que se vían atrapados nunha cidade alemá, Hanover ou Duisberg. Acontecía cara a finais da Segunda Guerra Mundial. Tras varios bombardeos continuos, a súa relación comezaba a romperse. Neste borrador xa estaba agochado non só El silencio, senón tamén El huevo de la serpiente”.
Máis aínda, en 1951 escribiu unha obra de teatro radiofónica chamada A cidade. Nun treito dela escribe: “Véxome como unha persoa infinitamente reducida nunha conxuntura de consciencia que tomou de súpeto a aparencia dun conxestionado cruce de estradas nunha gran e sucia cidade industrial francesa. A cidade en si mesma está na beira dereita do río, as fábricas e minas abandonadas na parte esquerda. É tardiña no verán, difusos lóstregos sobre as azoteas e moita xente en movemento”.