
MÁS ALLÁ DEL ESPEJO
Joaquín Jordá, 2006.
114´.
MÉS ALLÀ DEL MIRALL / MÁS ALLÁ DEL ESPEJO
(España, 2006)
Dirección e guión: Joaquín Jordá. Produción: Ovídeo TV. Fotografía: Carles Gusi, Ricardo Íscar e Carla Subirana. Intérpretes: Esther Chumillas, Joaquín Jordá. Duración: 114 minutos.
A partir da noticia dun xornal, Joaquín Jordá iniciou o que sería o seu derradeiro traballo, fecho dunha obra dedicada a indagar nas gretas do real, as nosas percepcións e as súas representacións cinematográficas. Que é a realidade? É o que vemos, e tal como o vemos, ou é o que está, pero non podemos ver? Un simple fallo no cerebro, unha agnosia, unha meninxite mal diagnosticada, poden producir grandes variacións na percepción do mundo real. A entrañable relación que une a Jordá e as derivacións do seu infarto cerebral con Esther Chumillas, unha rapaza con agnosia.