
Curtametraxes
O INTRUSO (Omar Rabuñal, 2005)
BUSCANDO EL MOMENTO (Jorge Saavedra, 2004)
SERVICIO A DOMICILIO (Julio López Noche e Jorge Saavedra,2005)
COWS (Julio López Noche e Jorge Saavedra, 2005)
42’. Vídeo. Entrada gratuíta.
O INTRUSO
(España, 2005)
Dirección e guión: Omar Rabuñal. Produtor: Omar Rabuñal e Luis Usón. Produción: Correlo Pictures. Fotografía: Miguel Corujo e David Viqueira. Intérpretes: Alex Neira, Camila Bossa, Oswaldo Digón. Duración: 11 minutos.
Unha noite os pesadelos dun neno parecen facerse realidade.
BUSCANDO EL MOMENTO
(España, 2004)
Dirección e produción: Jorge Saavedra. Guión: Jorge Saavedra, Carlos Portela. Argumento: o cómic de Fernando Iglesias “Unha bucólica paréntese”. Fotografía: Carlos Pastoriza. Intérpretes: Paula Álvarez. Duración: 8 minutos.
Unha moza chega en coche a unha praia tranquila. Mentres observa aos presentes, un rapaz con súa nai ou unha parella, percibimos a desesperación na súa cara golpeada.
SERVICIO A DOMICILIO
(España, 2005)
Dirección, guión e produción: Julio López Noche e Jorge Saavedra. Fotografía: Marian G. Mesa. Intérpretes: Ricardo de Barreiro, Xabier Deive, Arturo Santos Zas. Duración: 22 minutos.
Un mozo enfróntase ao seu primeiro día de traballo nunha empresa que ofrece un servizo de amizade á xente que a precisa.
COWS (DEMONIO DE VACA)
(España, 2005)
Dirección, guión e produción: Valentín Castrege e Jorge Saavedra. Duración: 1 minuto.
Unha persecución por un bosque sen que poidamos determinar facilmente a identidade do atacante.