GERRY
Gus van Sant, 2003
103’. Subtítulos en castelán.
Presentación: José Manuel López. Entrada gratuíta
GERRY
(Estados Unidos, 2003)
Dirección: Gus Van Sant. Guión: Gus Van Sant, Matt Damon, Casey Affleck. Produción: Dany Wolf, Jay Hernández / My Cactus. Fotografía: Harris Savides. Intérpretes: Matt Damon, Casey Affleck. Dur.: 103 min.
“Gerry pertence a unha corrente dentro do cine contemporáneo que, como o vello western ou as películas bélicas, envorca as súas historias e personaxes en contornos espidos ou exuberantes, concretos ou inabarcables, naturais ou urbanos… pero sempre inhóspitos. Fronte a ese contorno, os personaxes encaran un proceso que, a pesar da súa atemporalidade, se pode entender como consubstancial á modernidade: a busca da identidade” (José Manuel López). “En parte queriamos que o público se sentise perdido ao longo da metraxe con eses dous tipos. Non obstante, tamén en parte se trataba de levalos a un lugar distinto, onde esencialmente estivesen ‘perdidos’ desde unha perspectiva estilística: tratábase de telos afastados do estilo de cine norteamericano moderno” (Gus van Sant).