Programa 3: Os anos 40
VV.AA, 1940-1945
59'. Vídeo HD. Subt. Castelán
Tarantella. Mary Ellen Bute y Ted Nemeth, 1940, 4'.
The Pursuit of Happiness. Rudy Burckhardt, 1940, 8'.
1941. Francis Lee, 1941, 4'.
Meditation on Violence. Maya Deren, 1948, 12'.
Meshes of the Afternoon. Maya Deren e A. Hackenschmied, 1943, 14'.
In the Street. Helen Levitt, Janice Loeb e James Agee, 1945-1952, 17'.
Durante os anos corenta, algunhas propostas reinciden na autonomía da imaxe e nos mundos creados no seu interior: a orquestración de música e formas abstractas é a pedra angular de Tarantella, mentres Meshes of the Afternoon amosa a sobrevivencia do automatismo no cine. En The Pursuit of Happiness, a metrópole preséntase como o espazo do encontro casual e a busca de sentido de cada individuo, aparentemente liberado, pola vía do consumo, da alienación á que o confinaba a sinfonía urbana de anos precedentes. A irrupción dos Estados Unidos na Segunda Guerra Mundial embaza gran parte da produción do cine de vangarda e cárgao de violencia: 1941 recrea o ataque xaponés a Pearl Harbor. Entre campo de batalla e teatro sitúan de maneira explícita os directores de In the Street o barrio neoiorquino de Harlem, impregnado da estética dunha fotografía de rúa. Unha violencia que se mostra abertamente na coreografía entre cámara, directora e intérprete que desprega Meditation on Violence. (MNCARS)