FÓRA DE SERIE
Do 1 de marzo de 2012 ao 30 de abril de 2012
Continuamos coa recuperación de títulos clásicos restaurados en copias de calidade impecable co proxector 2K, servidor estándar DCP (Digital Cinema Package) de proxección dixital inaugurado o ano pasado. Desta vez dúas obras de referencia de Alfred Hitchcock, Vértigo (1958) e Psicosis (1960). A estrea de The Turin horse (20119, último e maxistral título do húngaro Béla Tarr, do que o CGAI fixo unha retrospectiva completa en 2009, súmase á celebración do centenario da eclipse solar acontecida o 17 de abril de 1912 –da que achegamos unha fotografía do estudo de José Sellier, figura senlleira do cine pioneiro realizado en Galicia-, ocasión para revisitar El eclipse (1962) de Antonioni e The yellow bank (2010) de John Paul Sniadecki, captación en China da eclipse máis longa do século XXI. O 21 aniversario do CGAI permite proxectar, con acompañamento musical do pianista Javier Pérez Castro, a copia restaurada de Metrópolis (1927) de Fritz Lang, que engade o valioso material atopado (20 minutos) en 2008 en Buenos Aires.
Agradecementos: Javier Pérez Castro, JP Sniadecki, Martin Pawley.

Vértigo

Psicosis

Metrópolis

The Turin horse

El eclipse
