
Psicosis
Alfred Hitchcock, 1960.
109´. DCP. Subt. castelán.
PSYCHO / PSICOSIS
(Estados Unidos, 1960)
Dirección: Alfred Hitchcock. Guión: Joseph Stefano, sobre a novela de Robert Bloch. Produción: Paramount e Alfred Hitchcock. Fotografía: John L. Russell. Intérpretes: Anthony Perkins, Janet Leigh, Vera Miles, John Gavin. Duración: 109 min.
Outro filme irrepetible de Hitchcock, que nesta época pasaba de obra mestra a obra mestra, é, sen dúbida, a peza máis coñecida da súa prolífica carreira. Unha administrativa, Marion, foxe cun bo feixe de cartos pertencentes á súa empresa. Vai dar ao Motel Bates, rexentado por Norman, un mozo tímido que coida dunha nai paralítica. O mozo e a irmá de Marion, ademais dun detective, tentan saber do seu paradoiro. Inspirada nunha novela -mediocre, especialidade de Hitchcock- de Robert Bloch, á súa vez baseada nos crimes reais do psicópata Ed Gein, é un dos filmes máis influíntes da historia do cinema, inspirador de varias secuelas, moitos plaxios e/ou homenaxes e máis unha versión de Gus Van Sant milimetrada plano por plano. Catro nominacións aos Oscar para un mostrario tanto de personaxes torturados e complexos coma das opcións expresivas do terror e do suspense.