The Turin horse
Béla Tarr, 2011.
146´. Subt. castelán.
A TORINÓI LÓI / THE TURIN HORSE (Hungría-Francia-Suíza-Alemaña-Estados Unidos, 2011)
Dirección: Béla Tarr (e Agnes Hranitzky). Guión: Béla Tarr e László Krasznahorkai. Produción: TT Filmmúhely, Vega Film, Zero Fiction Film e Movie Partners in Motion Film. Fotografía: Fred Kelemen. Intérpretes: Janós Derszi, Erika Bók. Duración: 146 min. Inspirada na suposta historia do cabalo que protagonizou en Turín o filósofo Friedrich Nietzsche. O 3 de xaneiro de 1889, Nietzsche presenciou na rúa o maltrato dun cabalo que se negaba a moverse. O filósofo alemán aperta o animal e chora ata perder a conciencia. Lévano ao seu cuarto, onde pronuncia as derradeiras palabras: “Mutter, ich bin dumm” (Madre, son parvo) e logo volve a un silencio de dez anos, os últimos da súa vida. Tarr, mestre da posta en escena e analista da condición humana, dálle a volta ao relato e céntrase no destino do cabalo. Constrúe a vida miserable do carreteiro, da súa filla e do cabalo nunha paraxe desoladora, en medio dunha tormenta apocalíptica. Trinta intensas secuencias con maxistral acompañamento musical en que Tarr traza o seu formalismo demoníaco. O hábitat unha vez máis condiciona os pensamentos e as emocións dos seus personaxes, ligado aos cuestionamentos filosóficos e morais dos seus relatos. Premiada na Berlinale, segundo o propio Tarr representa a súa retirada do cine.