
Nocturama / Tour D'A
Bertrand Bonello, 2016
130'. DCP. Subt. Castelán
Suspendido o pase das 18 hrs (Perdoen as molestias)
Nocturama / Tour D'A
(Francia, 2016)
Dirección e guión: Bertrand Bonello. Fotografía: Léo Hinstin. Intépretes: Finnegan Oldfield, Vincent Rottiers, Hamza Meziani, Manal Issa, Martin Guyot, Jamil McCraven. Dur: 130'.
Un thriller críptico e totalmente radical que segue unha banda de mozos, un pequeno exército silandeiro que se prepara para perpetrar unha cadea de atentados en París, sen que coñezamos as causas, mais que semellan máis próximas á revolución situacionista que ao choque de civilizacións. Cando acaban as súas accións reúnense nuns grandes almacéns e ábrese unha segunda parte da película, máis nocturna e onírica, en que os mozos se deixan seducir polo despregue de marcas e artigos de luxo, unha trampa capitalista de primeira orde. Un elenco de novos actores, unha banda sonora chea de rock and roll e un director que abre interrogantes e se nega a dar respostas fáciles, porque lle interesa máis o cómo que o qué. A película máis godardiana de Bertrand Bonello (protagonista da retrospectiva do D’A 2015) tivo unha estrea accidentada dende que foi rexeitada polo Festival de Cannes, polas súas conexións evidentes coa actualidade, mais a súa mestura de metáforas e realismo é unha auténtica recompensa para os espectadores máis atentos. (D'A)
En colaboración co D'A Festival Internacional de Cinema de Autor de Barcelona.