Nobleza gaucha
Gunche, Cairo e Martínez de la Pera, 1915
63’. Presentación. Vídeo. Entrada de balde.
NOBLEZA GAUCHA
(Arxentina, 1915)
Dirección: Gunche, Cairo e Martínez de la Pera. Duración: 63 minutos.
Unha das poucas películas mudas arxentinas que sobreviven a día de hoxe, Nobleza Gaucha foi un éxito de recadación que brindou grandes beneficios aos seus artífices, sentou as bases para un cine nacional e, de paso, deu nome a unha coñecida marca de mate. Das escenas campesiñas á vida no Bos Aires de entón, esta historia folletinesca con toques de humor conta a historia dunha inocente rapariga campesiña levada á cidade á forza polo dono dunha estancia, á que acode a rescatar un valoroso gaucho. Todo mesturado cos poemas Martín Fierro e Santos Vega nos intertítulos.