No todo es vigilia
Hermes Paralluelo, 2014
98'. DCP.
NO TODO ES VIGILIA
(España, Colombia, 2014)
Dirección e guión: Hermes Paralluelo. Intérpretes: Felisa Lou, Antonio Paralluelo. Dur.: 98’.
Unha parella de velliños pasan os días na casa, convivindo coa soidade e mais as súas doenzas, e enfrontándose á ameaza do seu inminente traslado a unha residencia. Fuxindo do costumismo, rexeitando calquera tipo de sentimentalismo fácil, esta película segue os seus pasos con absoluto rigor, con disciplina espartana, como se se tratase de dous heroes en decadencia, envolvidos nunha luz crepuscular e repetindo os mesmos acenos días tras día, suponse que ata a fin dos tempos. Así é como Hermes Paralluelo consegue o retrato máis honesto posible dos seus avós, xa non os monicreques dunha memoria ás veces forzada, senón os simples corpos que seguen a se mover malia envellecer. Niso consiste todo, ao cabo.