NEW YORK, NEAR SLEEP FOR SASKIA
Peter Hutton, 1972
10´. Presentación a cargo de Carlos Muguiro, comisario do ciclo. Entrada gratuíta.
NEW YORK, NEAR SLEEP FOR SASKIA
(Estados Unidos, 1972)
Dirección, produción e fotografía: Peter Hutton. Duración: 10 minutos.
A través de vibrantes xustaposicións de sombra e movemento, esta película muda e surrealmente poética examina os sutís cambios de luz e paisaxe da cidade de Nova York. Hutton aplica a estética da fotografía fixa e emprega como instrumento estrutural a duración da percepción do reflexo sutil dos movementos e a iluminación.