
Sin techo
Sense sostre
Enric Molina, Laia Manzanares, Teresa Vallicrosa, Juan Carlos González, Jesús Marcos.
- 99 minutos
Sin techo ilustra, para todos aqueles que contemplamos a existencia desde a comodidade dos nosos salóns burgueses, como é a vida daquelas persoas desbotadas pola nosa sociedade, os fitos da súa aventura cotiá, a súa peripecia consistente en sobreviviren a sí mesmas e aos demais no día a día dunha gran cidade. Un relato, en definitiva, tan verídico como cheo de compaixón e que é contado, ademais, por protagonistas reais da odisea da existencia nas espidas rúas de Barcelona cando non existe refuxio nin cuartel, cando vives do outro lado do espello. Un filme que trata de dar visibilidade a aqueles que non a teñen, de obrigarnos a fixar a nosa vista, xa que, como dicía a memorable frase da directora iraniana Forugh Farrojzad: “O mundo está cheo de fealdade máis aínda habería máis se a humanidade apartase a ollada.” [Martín Cuesta, Catálogo FICX 2019]
- Ano:2019
- Países de produción: España
- Guión: Xesc Cabot, Pep Garrido
- Fotografía: Aitor Echeverría
- Montaxe: Meritxell Colell
- Produtora(s): Alhena Production, Atiende Films