NATURALEZA MUERTA
Jia Zhang-ke, 2006.
116´. Subtítulos en castelán.
SANXIA HAUREN / STILL LIFE / NATURALEZA MUERTA
(China, 2006)
Dirección e guión: Jia Zhang-ke. Produción: Shangai Film Studios e Xstream Pictures. Fotografía: Yu Lik Wai. Intérpretes: Zhao Tao, Han Samming Wang Hongwei. Duración: 116 minutos.
Fengjie foi unha aldea anegada tras a construción da presa das Tres Gorxas, en China, ao tempo que se erguía un novo emprazamento que debía acoller á poboación. Un mineiro volve á vila na procura da súa muller, a quen non viu en 16 anos. Mentres, Shen Hong, unha enfermeira, busca o seu marido, que marchou da casa dous anos atrás. O director de “Unknown pleasures” e “The World” no fascinante título que gañou o León de Ouro en Venecia 2006.