THE NARROW MARGIN
Richard Fleischer, 1951.
70´. Subtítulos en castelán.
THE NARROW MARGIN
(Estados Unidos, 1951)
Dirección: Richard Fleischer. Guión: Earl Fenton, sobre un argumento de Jack Leonard e Martin Goldsmith. Produción: RKO. Fotografía: George E. Diskant. Intérpretes: Charles McGraw, Marie Windsor, Jacqueline White, Queenie Leonard. Duración: 70 minutos.
O axente Brown ten que custodiar a muller dun gángster asasinado que decide testemuñar contra a organización criminal. O camiño parece sinxelo, un traxecto nocturno en tren vía Chicago, pero un grupo de membros da banda aparecen apostados polos distintos vagóns coa finalidade de eliminar a incómoda testemuña. Thriller abrupto, espido e asfixiante sinalado por brillantes solucións argumentais e visuais que deu lugar en 1990 a unha nova versión, “Testigo accidental” de Peter Hyams.